(reproduced here with the authorisation of the author - i promise not to make a habit of it-. many thanks, róber! - you can read more things by róber on his blog, which i listed among my favourite pages at the right)
"Os habitantes de Yap, unha illa do Pacífico, utilizan grandes discos de pedra a modo de diñeiro. O máis grande mide uns catro metros de diámetro, e de aí o coñecido proverbio: os cartos non dán a felicidade, pero dunha boa hernia non te libra ninguén.
Hai unha complicada ecuación matemática que demostra que un, eu, vostede, vaise mollar menos se corre baixo a choiva que se frea e camiña, dando por suposto que pasa o mesmo tempo á intemperie nos dous casos. En realidade, o paraugas inventouse para que ningún xenio científico perdese o tempo nestas babecadas, pero foi, como se ve, un invento fallido que finalmente se usa, por non desinventalo, para non mollarse.
Poucas cousas máis tristes que verse na obriga de acudir ó vello Axioma de Allen: cando todo falla hai que ler as instrucións.
O cantante Jaime Urrutia contaba emocionado a espectacularidade das postas de sol na costa uruguaia, que remataban sempre co aplauso do público. O que non se entende é a qué espera o sol para empezar a facer bises.
Un de cada tres norteamericanos tira da cadea cando aínda está sentado no retrete. Se flipa vostede co dato, pense que hai xente por aí facendo a pregunta. Se flipa vostede co pensamento, saiba que hai xente que a contesta.
Dunha reunión de expertos en superpoboación saen os máis optimistas dicindo que no ano 2050 teremos que comer merda. -¿E logo qué pensan os pesimistas? -Que non haberá merda para todos. Claro que o chiste só ten graza se é un chiste.
Aos nenos de Madagascar intentan educalos na verdade contándolles que por cada mentira que digan nacerá unha serpe. Imaxínese neno en Madagascar. A profesora pregúntalle por qué chega tarde por terceira vez e recórdalle, mentindo, que se minte nacerá unha serpe. Dan ganas de contestarlle que qué facemos coa que xa temos.
Dúas pulgas curiosas e informadas falan mentres pasean: ¿cres que haberá vida noutros cans? O mesmo é cousa de extrapolar.
Conta a tradición oriental, desde Turquía ata Persia, que estaba Mula Nasrudin rodeando a súa casa con migas de pan cando se detivo un viaxeiro para preguntarlle para qué. Para protexerme dos tigres, contestou Nasrudin. Pero se aquí non hai tigres, sorprendeuse o viaxeiro. Ahá, dixo Nasrudin. Ves como funciona?"
Comments
Post a Comment
"Poor the unhappiness out / from your too bitter heart". (Wallace Stevens)