Celso Emilio Ferreiro: "Eu en Tí"





(and i was, mooi)
"Eu xa te busquei,
cando o mundo era unha pedra intacta,
cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.
Eu xa te chamei,
cando soio a voz do vento soaba,
cando o silencio chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.
Eu xa te procurei,
no comenzo dos mares e das chairas,
cando Deus procuraba compaña,
eu xa te procuraba.
Eu xa te chamei,
cando soio o vento soaba,
cando o silencio chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.
Eu xa te namorei,
cando o amor era unha folla branca,
cando a lúa namoraba ós altos cumes,
eu xa te namoraba.
Sempre, sempre,
dende a neve dos tempos,
sempre, sempre,
eu na túa alma."





Comments